InicioCulturaA Guarda, Camposancos e Salcidos, o universo guardés reflectido no espigón do...

A Guarda, Camposancos e Salcidos, o universo guardés reflectido no espigón do porto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Baixo o concepto de «A Guarda escrita nas estrelas» o novo deseño do espigón norte do Porto da Guarda vai colendo forma grazas ao traballo dos artistas Alberto Brandon
e Nuria Villa, así coma o de máis de medio cento de voluntarios que xa colaboraron nestas
tarefas dende mediados de agosto.

Segundo explicaron Alberto e Nuria o día da presentación, «sempre soñamos con este proxecto dende que comezamos a traballar xuntos, e tiñamos claro dende o inicio que levaría o noso estilo, pensando nos veciños que o miran día a día.»

 

Espigón da Guarda/ Concello da Guarda

Os artistas decidiron centrarse en transmitir con mensaxes directos empregando xogos de palabras e iconografías, mesturando o sentimental e o histórico, para chegar ao
corazón dos guardeses e que se recorde o pasado da vila.

Para o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, «con este proxecto se pretende que o espigón
continúe a ser un símbolo para a vila da Guarda, traballando nun concepto que represente
á xente da Guarda e que sexa tamén unha atracción turística máis, contando para a súa
confección coa participación da xente da vila».

Espigón da Guarda/ Concello da Guarda

Elena Baz, Concelleira de Cultura, clarexa que “A Guarda está viva, A Guarda é moi bonita e abrimos con este proxecto un espazo para que a xente que así o desexe poda participar na súa confección, traballando tamén cos colexios e os nenos e nenas do municipio”, de feito todos os interesados poden participar chamando aos teléfonos 646202874 e 627 582 551.

A intención inicial dos artistas é a de dividir o espigón en tres espazos, dando cabida ás tres parroquias de A Guarda, Camposancos e Salcidos, representando deste xeito o «universoguardés», e onde a parte literaria estará representada cun fragmento do libro «De mar a mar» do poeta Feliciano Rolán.

Espigón da Guarda/ Concello da Guarda

As diferentes escalas da iconografía non buscan que se vexan perfectamente dende as
beiras do paseo ou dende o alto do Monte Santa Trega, senón que a xente teña curiosidade
e se achegue ata o espigón para descubrir o que alí se vai plasmando, xerando inquietude,
movemento e tamén difusión deste proxecto artístico.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...