InicioCulturaA Festa da lamprea de Arbo é xa oficialmente de Interese Turístico...

A Festa da lamprea de Arbo é xa oficialmente de Interese Turístico Internacional

Xa en 2016 a Festa da lamprea fora declarada de Interese Turístico Nacional

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional a Festa da lamprea de Arbo. Neste sentido, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, felicitou ao municipio e mostrou a súa satisfacción ante este título.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, Turismo de Galicia remitiu á Secretaría de Estado de Turismo o expediente administrativo co informe favorable para esta declaración, a partir da documentación achegada polo Concello de Arbo, entidade promotora da solicitude.

Este documento recolle que, de acordo cos datos, o evento cumpre os requisitos preceptivos para que sexa valorada pola Secretaría de Estado, organismo competente para formalizar esta distinción. Xa en 2016 a Festa da lamprea fora declarada de Interese Turístico Nacional, uníndose así a máis dunha decena de festexos galegos que contan con este distintivo.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...