InicioSociedadeMorren dúas usuarias da residencia de Salvaterra

Morren dúas usuarias da residencia de Salvaterra

PUBLICADO O

As autoridades galegas notificaron este venres a morte de oito persoas diagnosticadas con covid-19, que elevan a 910 as vítimas mortais ligadas á pandemia en Galicia. Tres das últimas falecidas procedían de centros xeriátricos, unha de OGozos, de Pereiro de Aguiar (Ourense), e dúas da residencia de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Segundo informa Sanidade, nas últimas horas perdeu a vida un home de 82 anos que estaba ingresado no Hospital da Mariña, unha anciá de 86 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), un home de 72 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP); e un home de 83 anos ingresado no Hospital Quirón-Saúde da Coruña.

Así mesmo, faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) un home de 81 anos e unha muller de 96, esta procedente da residencia Os Gozos. No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), Sanidade comunica o deceso de dúas mulleres de 76 e 86 anos, ambas as usuarias da residencia de Salvaterra de Miño. Sanidade informa de que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

Galicia rompeu na pasada xornada a barreira dos 900 mortos vinculados co coronavirus. A primeira morte computada na Comunidade na denominada ‘nova normalidade’ foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...