InicioDeportesRegresan este sábado as 6 horas de Ponteareas, carreira nocturna en apoio...

Regresan este sábado as 6 horas de Ponteareas, carreira nocturna en apoio da Asociación Down-Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e
membros da asociación deportiva Corredores Festeiros, presentaron esta semana a segunda edición das “6 horas nocturnas Vila de Corpus” que terá lugar mañá sábado de 20 horas a 02:00 horas con saída na Praza Maior.

Este evento deportivo brindará, un ano máis, o seu apoio á Asociación Down-Vigo, adicada á integracións de persoas con síndrome de Down, quen terá durante a proba un stand onde informarán a súa asociación á veciñanza sobre a mesma. Neste stand venderanse camisetas solidarias da proba.

O ano pasado, cos 5600 € que se conseguiron coa proba, desenvolveron o proxecto “Alida”, que consiste nun curso da Universidade de Vigo de dous anos de duración, onde un grupo de rapaces e rapazas con síndrome de Down e discapacidade intelectual se están formando para realizar traballos no ámbito da administración de empresas.

Nesta carreira tamén actuarán, para amenizar a tarde-noite, a Charanga SDK e o grupo
Roncofol. Cun perfil plano e coa opción de partipar de xeito individual ou por equipos, os corredores darán o mellor de si nun percorrido urbano dun quilómetro.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas,
agradeceron o esforzo realizado pola organización e polas empresas colaboradoras con este
evento deportivo de carácter social, e deron a benvida a tódolos corredores e corredoras que dan un exemplo de superación e compromiso cunha causa e un proxecto como o de Down Vigo.

“Como non pode ser doutro xeito, animo a tódalas persoas a achegarse ata a Praza Maior este sábado pola noite para colaborar con esta proba que ten unha finalidade social
importante, e agredecemos tamén a todos aqueles que dun xeito ou doutro fan posible que
exista esta segunda edición da carreira”, indicou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...