InicioSen categorizarO PP de Ponteareas denuncia a privatización de servizos públicos por parte...

O PP de Ponteareas denuncia a privatización de servizos públicos por parte bipartito

“Recorren á contratación de empresas 'amigas' para suplir ausencias de persoal municipal causadas por diferentes motivos non saben xestionar sen malgastar”, asegurou o PP nun comunicado.

PUBLICADO O

O grupo municipal do Partido Popular de Ponteareas denunciou este martes a privatización por parte do goberno bipartito BNG-PSOE do servizo municipal de cociña da Residencia de Maiores Santa Ana. Segundo o PP este tipo de xestión privada está a converterse nunha práctica habitual.
“Recorren á contratación de empresas ‘amigas’ para suplir ausencias de persoal municipal causadas por diferentes motivos (baixas, vacacións, etc), non saben xestionar sen malgastar”, asegurou o PP nun comunicado.
Desde 2015, aseguran os populares, o Goberno local que preside Xosé Represas privatizou os servizos de iluminación, gardería, asesoría xurídica, asesoría laboral, limpeza de colexios, comunicación e informática. “Represas hai cinco anos solicitaba a municipalización de todos os servizos privados e agora que é alcalde fai o contrario.
As novas privatizacións supoñen un custo para as arcas municipais de máis dun millón de euros. É curioso que un rexedor que presume de fomentar o emprego público contrate a empresas privadas ‘amigas’ para substituír o traballo que ata o de agora viñan desempeñando os nosos traballadores municipais”, criticaron os populares.
O Grupo Popular lembra que o goberno bipartito ha subido os salarios un 60% mentres continúa debendo á maioría dos empregados municipais entre 400 e 500 euros da paga extraordinaria de xullo, e que agora aumentan “a súa rede clientelar en torno ao Concello contratando a máis empresas privadas afíns”.
ç

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...