InicioPolíticaO PSOE de Ponteareas denuncia novos radares que "só obedecen a un...

O PSOE de Ponteareas denuncia novos radares que “só obedecen a un afán recadatorio”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os socialistas de Ponteareas instan ao Goberno de Mariano Rajoy e ao PP a que cumpran cos acordos acadados en materia de seguridade na N-120 co Concello de Ponteareas, iniciando as obras correspondentes, e a retirar o radar.

Dende o PSdeG de Ponteareas denuncian esta instalación de novos radares de velocidade na N-120 con fins, aseguran, unicamente recadatorios por parte do goberno de Mariano Rajoy. Estes radares, explica a edil socialista Vanesa Fernández, “non teñen ningunha lóxica xa que están colocados nunha recta con visibilidade onde a velocidade máxima é de 80 quilómetros por hora con liña descontinua, polo que está permitido adiantar”.

Ademais, a edil, despois de ter mantido diversas reunión cos corpos de seguridade, asegura que nunca se puxo de manifesto unha velocidade excesiva nese tramo, de feito, “os últimos datos das medicións levadas a cabo indican todo o contrario” engade Fernández.

Neste senso, os socialistas de Ponteareas instan ao Goberno de España a eliminar este radar e a tomar as medidas acordadas co Concello de Ponteareas e coa Plataforma de Afectados pola N-120 para e mellora da seguridade na denominada “carretera general”.

O Partido Socialista lémbralle ao Partido Popular e ao Goberno de España que os últimos accidentes do 2016 na N-120 marcaron un punto de inflexión para os veciños de Ponteareas que conviven día a día cunha autoestrada pola que pasan máis de 16.000 vehículos diarios.

Hai un ano o PSOE levaba unha PNL ao Congreso do Deputados aprobada co voto a favor de todos os grupos parlamentarios agás o do Partido Popular, na que se instaba ao goberno a mellorar a seguridade na N-120. Entre as propostas para a reforma e a mellora da seguridade da estrada ao seu paso polo termo municipal de Ponteareas, establecéronse obras como a instalación de catro rotondas, semáforos, pasos de peóns, pasos elevados e melloras de iluminación, “obras que son exclusivamente competencia do Goberno do Estado” sentencia Vanesa Fernández.

 

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...