InicioPolíticaArquivada a denuncia do PP ao Concello de Ponteareas por "certificar obras...

Arquivada a denuncia do PP ao Concello de Ponteareas por “certificar obras sen rematar”

 Xosé Represas, alcalde de Ponteareas, vén de sinalar que “o PP, coa corrupción que está no seu ADN, sempre fai o mesmo, buscar desesperadamente de salpicar aos demáis para decir que todos somos iguais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Ponteareas está a celebrar o arquivo das denuncias presentadas polo grupo municipal do Partido Popular no Concello contra o goberno e os técnicos municipais e da Deputación Provincial pola certificación de catro obras realizadas con cargo ao Plan Concellos.

Salvador Solla e Belén Villar, en nome do Partido Popular, presentaron ante o Tribunal de Contas e a Fiscalía de Vigo as denuncias presentando incluso actas notariais nas que acusaban ao goberno de Ponteareas, conformado por BNG, PSOE e ARDT, de ter certificado e recepcionado obras sen rematar.

O Partido Popular denunciara as obras realizadas no parque infantil da Perillana, as do centro de intrerpretación do Tea (CITEA) e senda fluvial, as do parque exterior da escola infantil e as de mellora de seguridade viaria en Canedo, alegando en todas que foran certificadas sen estar rematadas ou de certificar partidas non executadas ou non contar coas autorizacións da Deputación e da Confederación Hidrográfica para as modificacións no proxecto.

A Fiscalía concluíu que “analizados os tres proxectos subvencionados poderíamos dicir que dous de eles estaban rematados e só no caso do proxecto de remodelación da zona de xogos na gardería infantil se asinou a certificación de obra e acta de recepción da mesma sabendo que faltaba unha pequena parte da obra por executarse, pero facéndose así para que non se perdera a subvención da Deputación e na previsión e seguridade de que a obras se rematarían escaso tempo despois”.

Nos informes técnicos presentados consta que esa pequena parte que quedaba sen facer foi por mor da mala climatoloxía e que en poucos días quedou realizada.

Represas, alcalde da cidade, lembrou os casos xudiciais nos que Solla e Villar estiveron imputados con graves acusacións e responsabilidades políticas, evidentes nas escoitas telefónicas gravadas polo xulgado á Belén Villar.

“O PP, coa corrupción que está no seu ADN sempre fai o mesmo, buscar desesperadamente de salpicar aos demáis para decir que todos somos iguais”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xulgan un home en Vigo por estafar a un amigo cun falso alugueiro

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o vindeiro martes un...

Ecoloxistas alertan dos danos e contamianción a ría tras o apagamento da EDAR de Vigo

As organizacións Amigas dá Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace denunciaron este venres os danos ocasionados á...

Caballero anuncia unha reunión coa RFEF ante o “escándalo” das sedes do mundial: “Esiximos toda a información”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o luns 12 de maio reunirase...

Dous veciños de Vigo detidos por presuntas ameazas ás súas respectivas nais septuaxenarias

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a dous veciños da...