InicioCondado-ParadantaAs NevesCerca de 70 estudantes de As Neves axudarán a recoller plásticos en...

Cerca de 70 estudantes de As Neves axudarán a recoller plásticos en Santa Mariña

O obxectivo é impar o lugar e concienciar sobre a importancia do volume de plásticos que se producen.

PUBLICADO O

Fundación Amigos de Galicia levará a cabo unha actividade de limpeza de plásticos na área recreativa de Santa Mariña en As Neves. Na recollida participarán 69 escolares do CEIP Marquesa do Pazo da mercé e da ESO do IES Pazo da Mercé o xoves 17 de xuño. 

Con esta actividade a asociación ten como obxectivo limpar o lugar e concienciar sobre a importancia do volume de plásticos que se producen.  “O obxectivo é seguir implicando aos menores do municipio na importancia do coidado do medio ambiente dende a infancia”, apuntan dende a fundación. 

Dende a Fundación amigos de Galicia consideran que “a promoción do coidado ao medio ambiente dende a infancia é a forma máis eficaz de xerar hábitos ambientais que perduren no tempo”. A actividade que desenvolve a Fundación enmárcase dentro do proxecto “O futuro nas súas mans“, que xurdiu tras os incendios no 2017 que afectaron de maneira significativa ao municipio de As Neves.

Esta non é a primeira actividade desenvolta pola organización na zona, pois no 2018, colaborando co mesmo centro de educación infantil e primaria, plantaron 300 carballos no Monte Chan de Vide. A acción de repoboación da zona tamén tivo apoio da empresa ONE OAK de Madrid, que recuperou máis de 10.000 árbores na zona. 

ÚLTIMAS

Feministas católicas sean este domingo ás rúas de Vigo para reclamar que as mulleres teñan “voz e voto” na Igrexa

Feministas católicas da Revolta de Mulleres na Igrexa sairán este domingo 3 de marzo ás...

Remolcan ao porto de Vigo ao portacontedores ‘MSC Katyanyi’

O portacontedores 'MSC Katyayni,', que navega baixo bandeira de Panamá, está a ser remolcado...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...