InicioCerca de 70 estudantes de As Neves axudarán a recoller plásticos en...

Cerca de 70 estudantes de As Neves axudarán a recoller plásticos en Santa Mariña

O obxectivo é impar o lugar e concienciar sobre a importancia do volume de plásticos que se producen.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Amigos de Galicia levará a cabo unha actividade de limpeza de plásticos na área recreativa de Santa Mariña en As Neves. Na recollida participarán 69 escolares do CEIP Marquesa do Pazo da mercé e da ESO do IES Pazo da Mercé o xoves 17 de xuño. 

Con esta actividade a asociación ten como obxectivo limpar o lugar e concienciar sobre a importancia do volume de plásticos que se producen.  “O obxectivo é seguir implicando aos menores do municipio na importancia do coidado do medio ambiente dende a infancia”, apuntan dende a fundación. 

Dende a Fundación amigos de Galicia consideran que “a promoción do coidado ao medio ambiente dende a infancia é a forma máis eficaz de xerar hábitos ambientais que perduren no tempo”. A actividade que desenvolve a Fundación enmárcase dentro do proxecto “O futuro nas súas mans“, que xurdiu tras os incendios no 2017 que afectaron de maneira significativa ao municipio de As Neves.

Esta non é a primeira actividade desenvolta pola organización na zona, pois no 2018, colaborando co mesmo centro de educación infantil e primaria, plantaron 300 carballos no Monte Chan de Vide. A acción de repoboación da zona tamén tivo apoio da empresa ONE OAK de Madrid, que recuperou máis de 10.000 árbores na zona. 

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...