InicioCulturaA banda de música de Arbo celebra 25 anos cheos de melodías

A banda de música de Arbo celebra 25 anos cheos de melodías

A súa presentación oficial aconteceu en 1994, na festa local da lamprea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda de música de Arbo, que celebra agora o seu 25 aniversario, fundouse en 1991, despois de case 50 anos desaparecida, por iniciativa do entón alcalde, Manuel Rivera, coa colaboración dos mestres Ignacio, Manuel González (Lito), Joaquín e Antonio.

É no ano 1993, coa chegada de Víctor Fernández Nogueiras e Jesús Iglesias, cando a escola da Banda de Música de Arbo toma o impulso necesario para, en abril de 1994, facer a súa presentación oficial na Festa da Lamprea.

A partir de aí, os éxitos sucédense e, en 1999 consegue dar a sorpresa en Valencia ao lograr o Primeiro Premio e Mención de Honra no Certame Internacional desta localidade, sendo a primeira banda de fóra da Comunidade Valenciana en conseguir este afamado galardón. Desde o 2011, o profesor Cesar Portela é o encargado de dirixir a Banda e a Escola de música.

Arbo celebrará o aniversario dunha das agrupacións musicais máis importantes que ten, cunha serie de homenaxes que finalizarán cun gran concerto final o día 11 de maio, unha recompensa ao gran traballo realizado por esta exitosa banda. Tamén será un recoñecemento á Banda Infantil que conta xa con máis de 15 músicos.

A actual directiva decidiu crear hai algúns anos unha formación específica para que os máis pequenos desta organización, algúns con menos dun ano na escola e outros con máis experiencia, comecen a tomar contacto co público e se animen a seguir como integrantes da banda, que xa ten ás súas costas unha historia chea de galardóns e recoñecementos polo seu excelente labor.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, expresou a súa satisfacción a través dunha felicitación na que expresa a súa alegría xa que “nestes tempos que corren, a Banda de Música de Arbo, xunto coa Banda Infantil, seguen estando presentes na práctica totalidade de actos lúdico-festivos que se organizan en Arbo, sendo por exemplo en Santa Cecilia ou no Concerto de Nadal cando o seu traballo faise máis visible, sen esquecer os espléndidos concertos dos máis novos da agrupación, no auditorio, en grandes datas, sempre amenizando aos veciños e visitantes”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...