InicioSen categorizarPonteareas dalle o último adeus ao prolífico compositor Rogelio Groba

Ponteareas dalle o último adeus ao prolífico compositor Rogelio Groba

Músicos das bandas de Xinzo, Ponteareas e Guláns acompañaron a comitiva fúnebre para despedir ao compositor

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dende A Coruña, Ponteareas recibiu onte ao seu “Fillo Predilecto”, o compositor nado en Guláns Rogelio Groba, para darlle o último adeus antes de repousar os seus restos no cemiterio ponteareano.

Alí descansan dende onte pola tarde os restos do músico máis prolífico de España, cun legado que supera as 700 composicións musicais.

Ao acto fúnebre acudiron familiares, veciños, amigos así como representantes do goberno autonómico, Román Rodríguez, Anxo Lorenzo, Nava Castro e doutros concellos como Salceda.

O guionista e programador cultura Alfonso Pato daba a coñecer tamén nun artigo a anédota da estreita relación de Groba coa parroquia de Cans e o círculo pechado polo compositor de Guláns cando foi precisamente nesta parroquia onde o pequeno Rogelio estreou de xeito “accidentado” a súa faceta como director da Unión Musical de Guláns en 1946 con tan só 16 anos.

Dous días de loito oficial en Ponteareas

O Concello de Ponteareas decretou dous días de loito oficial tras o falecemento dun dos seus fillos predilectos. A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández,  lamentou a triste nova e no nome da Corporación Municipal transmitiu as súas condolencias á familia e persoas achegadas.

“O mestre Groba foi un ponteareán exemplar, un traballador único e incansábel e unha persoa que transpiraba simpatía e alegría. Será eternamente un referente para Galicia e un orgullo para Ponteareas” sinalou a alcaldesa.

Entre o inmenso legado musical que deixa Rogelio Groba, sempre concibido dende o amor á nosa terra, poden atoparse distintas obras inspiradas en Ponteareas, que o mestre dedicou á nosa vila e entregou ao Concello como mostra da súa xenerosidade.

Groba colleitou numerosos premios e recoñecementos ao longo do seu periplo profesional, como o Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), a Medalla Castelao (1995), Galego do Ano (2002), Premio Cultura Galega da Música (2011), entre outros. En Ponteareas, foi nomeado Fillo Predilecto no ano 2006 e foi homenaxeado co bautismo dunha rúa co seu nome no 2016.

O Concello de Ponteareas impulsa anualmente o Festival Groba, que estrea as súas composicións dende o ano 2013. Recentemente, colaborou e divulgou o libro O neno Groba e Música e publicou o libro Rogelio Groba. Os acordes da natureza na súa colección de “Creadores ponteareáns”.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...