
Considerando a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concellos de Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan este sábado un protocolo de cooperación para Crear a “Eurocidade do Miño”.
Actualmente son catro as eurocidades entre Galicia e Portugal: Tui y Valença do Minho, Tomiño y Vilanova de Cerveira, Salvaterra de Miño y Monçao e Verín-Chaves.
O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas, coincidindo coa LXII Festa da Lamprea. Nun comunicado, o Concello de Arbo, considera que a cooperación transfronteiriza “é un dos medios máis eficaces con vista a proximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificuldades que implican todas as fronteiras”. Ademais, di, axuda á promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz.
As 12:10 terá lugar o Concerto a cargo da Banda Municipal de Arbo, na Praza do Consistorio, seguido da recepción de autoridades na Praza do Concello, ás 13:30 o pregón dende o balcón que corre a cargo de Sergio Pazos e o rematar a visita obrigada a Arbomostra que este ano esta situada na Praza do Mercado