InicioPolíticaO Concello de Ponteareas asegura levar 20 anos pedindo sen éxito á...

O Concello de Ponteareas asegura levar 20 anos pedindo sen éxito á Xunta que garanta a seguridade na PO-403

Este martes morreu unha muller e o Concello esixe un cambio inmediato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Ponteareas vén de solicitar unha reunión urxente coa Consellería de Infrestruturas da Xunta de Galicia para concretar as actuacións prioritarias que precisa a P-403 dando resposta así ás peticións do goberno e da Corporación municipal que van na mesma liña que as demandas veciñais de Angoares e Moreira ademais da dos ponteareáns que viven nos arredores desta estrada de competencia autonómica.

O goberno de Ponteareas esixe á Xunta de Galicia unha resposta inmediata para garantir a seguridade peonil neste tramo da PO-403 que cruza o núcleo urbano e unha zona densamente poboada.

O alcalde, Xosé Represas, ven de solicitar esta reunión urxente coa Conselleira, para que a Xunta concrete as actuacións urxentes de mellora de seguridade para os milleiros de peóns  que a diario utilizan as marxes da estrada PO-403 , nunha zona densamente poboada nas parroquias de Angores e Moreira, así como o tramo que cruza o núcleo urbano na Avenida Castelao.

“Agardamos que asuman as súas competencias, é unha estrada da Xunta e é a administración autonómica quen ten que realizar as obras” manifestou Represas engadindo que “estamos a falar de seguridade peonil, da vida das persoas”.

“Hai unha serie de actuacións que non son moi costosas e mellorarían a seguridade peonil, poden realizarse a curto prazo sen necesidade de ocupación de novos terreos, só fai falta vontade política. Iso é o que lle pedirei a Concelleira” Declarou o Alcalde

“É un grave problema que urxe resolver, se a Xunta se nega, os veciños non poden seguir agardando, farémolo dende o goberno municipal”, afirma o Alcalde pero agarda que non sexa preciso chegar a iso porque a Xunta conta con recursos suficientes para realizar estas obras.

“Xa non se pode agardar máis, logo de vinte anos pedindo un compromiso xa non se pode seguir obviando unha situación de risco tan alta como esta que onte (este martes) se saldou coa vida dunha persoa”, engade a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...