InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs nenos do Condado aprenden de onde vén o ouro

Os nenos do Condado aprenden de onde vén o ouro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O bateo do ouro é unha profesión milenaria en Galicia. Antes de que chegaran as mineiras internacionais a tentar sacar o ouro de Galicia, aquí xa existía unha vella tradición de procura do ouro.

E parte desa tradicion é a que se poderá coñecer na II Feira dos Minerais en Guláns, Ponteareas esta fin de semana. Minerais, fósiles e xoiería son algúns dos materiais que poderán observar e mercar nenos e participantes neste evento que estará aberta de 10:00 horas a 21:00 horas no centro cultural de Guláns totalmente de balde.

Ao longo destes días haberá obradoiros a diario como o de bateo de ouro e o de xoiería impartido pola Escola de Xoiería Atlántico ou o de identificación de minerais o venres; tamén ofrecerán a charla sobre a explotación do ouro no río Miño impartida por María Modino directora de caldiade de Áridos do Mendo.  Na organización participa a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxia da Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...