InicioPolíticaDimite a executiva do PSOE de Salvaterra de Miño polos "malos resultados"...

Dimite a executiva do PSOE de Salvaterra de Miño polos “malos resultados” das autonómicas

A formación critica a convocatoria "exprés" dun congreso extraordinario por parte da executiva nacional e asegura que "seguirá traballando por un PSOE forte na localidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A executiva municipal do PSOE en Salvaterra de Miño acordou a súa dimisión en bloque tras os “malos resultados” obtidos pola formación nas eleccións do pasado 18 de febreiro. Nesta cita coas urnas, os socialistas cultivaron o seu peor resultado histórico, con só nove escanos no Parlamento de Galicia, cinco menos que os alcanzados nas autonómicas de 2020.

Nun comunicado remitido aos medios, a Agrupación local sinala que as eleccións do 18F supuxeron “a perda de 400 votos en Salvaterra, (sendo aínda así, o mellor resultado porcentual da comarca do Condado-Paradanta, cun 15,50%), e que se traduciu na perda de cinco deputados no Parlamento galego, dous deles na provincia de Pontevedra.

Ademais, critica a convocatoria “exprés” dun congreso extraordinario por parte da executiva nacional, ao considerar que “unicamente permitirá o cambio de caras pero non o debate interno”. “Un congreso exprés non favorece a participación da militancia, polo que estariamos a falar dunha fraude de lei, xa que nos propios estatutos do partido indican que se promoverá a participación dos militantes, cousa que non se dá nesta convocatoria”, advirte o comunicado.

“Ante esta ausencia de responsabilidades”, a agrupación sinala que a militancia de Salvaterra acordou a dimisión da súa executiva, que “seguirá traballando por un PSOE forte na localidade”. Por último, apunta que os catro concelleiros socialistas do municipio seguirán prestando o seu labor como líderes da oposición, “traballando polo interese xeral dos veciños”.

ÚLTIMAS

Un tribunal tomba os pregos da contratación do servizo de axuda no fogar de Vigo tras recorrer CC.OO.

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia tombou os pregos da licitación do...

Denuncian nos xulgados a Abel Caballero como “instigador” pola supresión de paradas de tren en Sanabria

Varios colectivos denunciaron este venres nos xulgados de Zamora un posible delito de prevaricación...

Greenpeace libera quenllas capturadas por un palangreiro de Vigo que faenaba no Pacífico Sur

Activistas de Greenpeace interromperon unha operación de pesca industrial con palangre de superficie dun...

Cirurxiáns do Álvaro Cunqueiro de Vigo extirpan un tumor de próstata cunha soa incisión por primeira vez no mundo

O Servizo de Urología do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo levou a cabo...