InicioSociedadeOs concellos de Tui e Redondela impulsan que os seus letrados usen...

Os concellos de Tui e Redondela impulsan que os seus letrados usen o galego como lingua prioritaria

Empregarán a lingua galega nos escritos e intervencións e pedirán que as resolucións se efectúen tamén neste idioma

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado día 14 de xaneiro de 2023 o Concello de Redondela e o Concello de Tui asinaron xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra a denominada “Declaración de Pontevedra” pola que as corporacións locais asinantes comprométense a adoptar determinadas medidas para promover a normalización do uso da lingua galega nas escrituras públicas e nos procesos xurisdicionais nos que tomen parte.

As administracións locais comprométense a que as comparecencias e actuacións xudiciais en nome das corporacións locais se realicen en lingua galega. Polo tanto, os letrados e procuradores que defendan e/ou representen ao Concello de Redondela ou ao de Tui nos procesos xudiciais nos que esta corporación sexa parte -e que se desenvolvan ante tribunais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia- empregarán a lingua galega nos seus escritos e intervencións orais; e solicitarán daqueles tribunais que as resolucións se lles notifiquen como defensores e/ou representantes do Concello de Redondela ou de Tui se efectúen tamén en galego.

Así mesmo, todas as comunicacións, informes e atestados que as autoridades e empregados públicos locais destes Concellos  lles dirixan aos tribunais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia redactaranse en lingua galega, ao igual que as escrituras públicas.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...