InicioPolíticaTui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da súa...

Tui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da súa Axenda Urbana

"Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos" e "cooperación para potenciar a economía" foron os eixos centrais da conversa.

PUBLICADO O

Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”. Así resumiu o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

Enrique Cabaleiro trasladou ao seu homólogo en Valença as principais liñas nas que traballará a Axenda Urbana local para a consecución dos 10 obxectivos marcados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. “Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos” e “cooperación para potenciar a economía” foron os eixos centrais da conversa, na que Cabaleiro e Carpinteira coincidiron na necesidade de alimentar ese “estreito vínculo entre as persoas dun e doutro lado da Raia”.

A Axenda Urbana é unha estratexia que recolle o crecemento sostible de Tui a dez anos con proxectos, accións e iniciativas nas que a veciña Valença estará presente. Así, a Axenda Urbana é un marco estratéxico e non normativo que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo.

Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo; evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente; previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia; facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular; favorecer a proximidade e a mobilidade sostible; fomentar a cohesión social e buscar a equidade; impulsar e favorecer a economía urbana; garantir o acceso á vivenda; liderar e fomentar a innovación dixital e mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza son os dez obxectivos que recolle a Axenda Urbana.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...