InicioPolíticaTui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da súa...

Tui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da súa Axenda Urbana

"Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos" e "cooperación para potenciar a economía" foron os eixos centrais da conversa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”. Así resumiu o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

Enrique Cabaleiro trasladou ao seu homólogo en Valença as principais liñas nas que traballará a Axenda Urbana local para a consecución dos 10 obxectivos marcados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. “Planificación conxunta do futuro das dúas cidades en todos os eidos” e “cooperación para potenciar a economía” foron os eixos centrais da conversa, na que Cabaleiro e Carpinteira coincidiron na necesidade de alimentar ese “estreito vínculo entre as persoas dun e doutro lado da Raia”.

A Axenda Urbana é unha estratexia que recolle o crecemento sostible de Tui a dez anos con proxectos, accións e iniciativas nas que a veciña Valença estará presente. Así, a Axenda Urbana é un marco estratéxico e non normativo que busca orientar as decisións e as políticas que inciden no territorial e o urbano cunha visión global, integrada e continuada no tempo.

Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo; evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente; previr e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia; facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular; favorecer a proximidade e a mobilidade sostible; fomentar a cohesión social e buscar a equidade; impulsar e favorecer a economía urbana; garantir o acceso á vivenda; liderar e fomentar a innovación dixital e mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza son os dez obxectivos que recolle a Axenda Urbana.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...