InicioCulturaTui saca a arte á rúa para celebrar o Día Internacional de...

Tui saca a arte á rúa para celebrar o Día Internacional de Tecer en Público

A praza da Inmaculada acollerá diferentes actividades o próximo sábado 11 e durante todo o mes de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A praza da Inmaculada de Tui será o punto de encontro da celebración do Día Internacional de Tecer en Público este próximo sábado 11 de xuño. Así, ao longo de todo o mes, haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui, para o que se contará coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

Con motivo desta celebración terá lugar unha Yarn Bombing – un tipo de grafitti que emprega fío no canto de pintura – na praza da Inmaculada, que decorarán con tecidos feitos a man elaborados previamente en Tejejuntas os mércores de 18.30 a 20.30 horas en Abalorios M Y R, onde se confeccionarán bandeiríns. Así mesmo, na comunidade TejeTui realizarán unha creatividade con grannies para adornar a praza.

Xa o sábado 11, Día Internacional de Tecer en Público, o programa previsto comezará
ás 10.30 horas cun almorzo en Ideas Peregrinas. A partir das 12, na Praza da Inmaculada decorada para a ocasión co Yarn Bombing, e durante toda a xornada, as persoas participantes tecerán, compartirán proxectos e trucos. Logo está previsto un descanso entre as 14 e as 16.30 horas para xantar en Tapas e Viños. Coma remate, ás 19 horas,
realizarase un sorteo entre as persoas participantes no evento e todas as que compartan fotografías en redes sociais coa etiqueta #tejemaratontui.

Durante toda a xornada, a praza acollerá unha exposición dos traballos de fin de curso dos
distintos obradoiros, nos que durante o sábado poderán participar todas as persoas interesadas previa inscrición en tejemaratontui@gmail.com ou no taller Cucapuntoes na rúa Compostela 4.

Ademais das actividades previstas o sábado 11, cada sábado de xuño dende as 11 horas haberá obradoiros gratuítos. Este sábado, día 4, será a quenda dun obradoiro de “”Coleteiro” con material cedido por M y R Abalorios; o sábado 18, no Liceo Casino,
confeccionarase un bolso hippie; e o sábado 25 realizarase unha funda para levar unha botella de auga no parque do Penedo.

Así mesmo, durante o mes de xuño todas as persoas que realicen unha compra mínima de 5€ nas mercerías locais entrará no sorteo dunha cesta de produtos cedidos polas propias mercerías e dun boneco amigurimi tecido por Cucapuntoes.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...