InicioDeportesMáis de 500 persoas participarán no Trail Monte Aloia esta fin de...

Máis de 500 persoas participarán no Trail Monte Aloia esta fin de semana

O sábado disputarase a proba para as categorías infantís e o domingo a absoluta con dúas distancias de 21 e 12 quilómetros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parque Natural do Monte Aloia en Tui acolle esta fin de semana o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League.

Máis de 500 persoas participarán nesta actividade na que o sábado pola tarde competirán as categorías infantís e o domingo as categorías absolutas. A proba, que en 2021 se celebrou en novembro, volve agora á primavera e dá continuidade á aposta por integrar a rapazada nun evento para crianzas, o Aloia Trail Kids. 

A proba foi presentada este martes na Macoca, no Monte Aloia, polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada provincial de Emprego, Raquel Giráldez, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto da Cámara Municipal de Valença, Arlindo Sousa, así como os responsables da empresa organizadora Serafín Martínez e Justi Peixoto.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou a singularidade desta actividade que “engloba deporte co coñecemento do entorno cun compoñente transfronteirizo”. Segundo explicou, a proba, amais de fomentar a práctica deportiva, tamén “dinamiza a economía do lugar onde se celebra”.

A inscrición está aberta para o Trail do Aloia ata mañá mércores para as categorías absolutas e ata o xoves para as inferiores en www.traildoaloia.com. A saída do Aloia Kids Trail terá lugar o sábado a partir das 16.30 horas na Macoca. Mentres, o domingo e dende o Paseo da Corredoira ás 10 horas, sairán os participantes na proba de 21 quilómetros, e ás 11 horas a proba de 12 quilómetros. O Trail do Aloia está subvencionado polo proxecto Interreg Unicidade Valença-Tui.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...