InicioMedio Ambiente e PatrimonioPlantan un centenar de bidueiros no Monte Aloia polo Día da Árbore

Plantan un centenar de bidueiros no Monte Aloia polo Día da Árbore

A iniciativa, promovida pola Xunta, congregou ao redor de 110 persoas.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia promoveu este sábado a plantación dun centenar de bidueiros nunha parcela forestal do Parque Natural do Monte Aloia para conmemorar o Día da Árbore, que se celebra cada 21 de marzo.

Ao redor de 110 persoas, segundo explicou o Goberno autonómico nun comunicado, participou nunha iniciativa froito da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de nais e de pais (AMPA) do Colexio Marista Santa María de Tui, que convidou ademais a todas as familias do centro a implicarse nesta actividade de carácter ambiental.

En concreto, os traballos forestais centráronse nunha zona próxima ao cámpin do Monte Aloia, onde plantaron unicamente árbores autóctonas procedentes de viveiros da Xunta, que doou en total preto dun cento de bidueiros.

Entre o voluntariado que participou esta mañá na iniciativa había máis de 60 crianzas, pero tamén profesorado e familias do alumnado, que contaron durante todo o proceso co apoio e o asesoramento de persoal técnico do Parque Natural.

O propio xefe do Servizo de Parques Naturais da Xunta, Antonio Rodríguez, participou tamén na plantación e destacou a importancia que teñen este tipo de actividades de sensibilización ambiental “para educar as novas xeracións no coidado e respecto pola natureza”.

Para finalizar, o AMPA do Colexio Santa María de Tui organizou para todas as familias participantes un picnic campestre no propio Monte Aloia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...