InicioSociedadePublícase un novo número da revista de investigación que edita o Instituto...

Publícase un novo número da revista de investigación que edita o Instituto de Estudios Tudenses

Convírtese así no sétimo tomo de “Castellum Tyde”.

PUBLICADO O

O último tomo da revista de estudos “Castellum Tyde”, que edita o Instituto de Estudios Tudenses co patrocinio do Concello de Tui, vén de saír do prelo. Precisamente hoxe pola mañá o presidente do Instituto de Estudios Tudenses, Xavier Añoveros, entregou ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, un exemplar deste último tomo, que se convirte a´sí no sétimo número.

O presidente do Instituto de Estudios Tudenses dixo estar moi satisfeito coa publicación, pois é testemuña dunha “continuidade no traballo que vén desenvolvendo esta entidade”, que agrupa a preto dunha trintena de estudosos e investigadores. Ao tempo agradeceu a sensibilidade do Concello de Tui e do seu alcalde, Enrique Cabaleiro, por manter o patrocinio desta publicación que enriquece o coñecemento da nosa cidade, da súa historia e o seu patrimonio.

Para o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, resulta unha “satisfacción” comprobar como a cidade de Tui e o seu acervo cultural continúan xerando “novos estudos e traballos de investigación que nos permiten coñecer e, consecuentemente, valorar e apreciar a dimensión histórica e patrimonial da nosa cidade“. Enrique Cabaleiro agradece o traballo do Instituto de Estudios Tudenses pola calidade deste novo número da revista “Castellum
Tyde”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...