InicioTui despide á selección uruguaia de Remo que preparou as olimpiadas na...

Tui despide á selección uruguaia de Remo que preparou as olimpiadas na cidade

O equipo olímpico estivo concentrado en Tui dende o pasado 12 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A selección de Uruguai de remo estivo en Tui dende o pasado 12 de xuño. Os membros do equipo estiveron concentrados máis dun mes nas instalacións do Centro Especializado de Tecnificación Deportiva de Remo e Piragüismo de Tui. O mércores 14 de xullo a selección partiu cara Toquio tras a despedida por parte do alcalde, dos concelleiros de Turismo e Deporte e da remeira tudense Carlota González, que lles desexaron os mellores éxitos na cita olímpica.

O equipo de Remo partiu cara Toquio para participar nos Xogos Olímpicos. En concreto serán Bruno Cetraro, o abandeirado da delegación de Uruguai, e Felipe Kluverm xunto ao adestrador Osvaldo Borchi, os que competirán nos xogos por conseguir algunha medalla.

A selección uruguaia non é a primeira vez que se concentra nas instalacións tudenses, pois no pasado ano tamén se prepararon na cidade para as probas clasificatorios dos Xogos Olímpicos. Tras conseguir a praza, o adestrador uruguaio volveu elixir Tui como o lugar no que prepararse para a cita olímpica.

Na concentración, que comezou en xuño, tamén estiveron Martín Zócalo, Leandro Rodas e Eric Seawright, que participaron a semana pasada no Campionato do Mundo Sub23 de Remo Olímpico que se celebrou na República Checa, cita na que tamén competiu a tudense Carlota González. As remeiras Zoe Acostas, Cloe Gallorda, Nicole Yarzo e Ynela Aires, participantes no Campionato de España, tamén se prepararon en Tui.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...