InicioPolíticaOs gobernos de Madrid e da Xunta compiten polas axudas aos afectados...

Os gobernos de Madrid e da Xunta compiten polas axudas aos afectados de Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado maio producidiuse a catastófrica explosión de Paramos e non foi ata este xoves cando deron comezo os trámites para declarar zona catastrófica á parroquia, pola complexidade do preceso.

O delegado do goberno, Javier Losada, e o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, tiveron unha reunión na que se aclarou definitivamente o asunto da zona catastrófica, e ademais o rexedor tudense reclamou que o custo do desentullo sexa asumido polo Goberno Central do Estado, entre outras solicitudes.

O Delegado do Goberno mostrou o seu apoio e incluso afirmou que a súa primeira chamada no cargo foi a Tui, un concello que recoñeceu “limitado” desde a óptica do administrativo, pero ao mesmo tempo, subliñando o total apoio do Goberno de España ao Concello de Tui e os seus veciños e veciñas, foi claro ao sinalar “cales son as competencias do Executivo e que compromisos pode asumir” e cales non.

Javier Losada apuntou que “todos os recursos da Subdelegación de Pontevedra están a disposición do Concello de Tui para dar apoio e soporte técnico para a tramitación de axudas e tarefas que o Concello pola súa dimensión non ten capacidade para abarcar”, pero tamén animou ao alcalde a pedir apoio á Xunta e á Deputación, a través dos programas específicos que ambas institucións teñen, ademais de por as súas competencias de apoio aos concellos, para que así Tui poida cumprir os trámites necesarios para logo solicitar as axudas.

Feijóo durante a súa visita á zona 0 da explosión de Paramos, en Tui / Miguel Núñez

Padín recoñeceu non ter capacidade para o peritaxe das 400 casas. Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo asegurou estar comprometido co futuro dos dous orfos que deixou a explosión, prometeu novas axudas e insistiu na necesidade de implicarse as demais administracións.

E, con respecto ao financiamento para os labores de desentullo e eliminación de materiais sensibles, a Delegación de Pontevedra comprometeuse a estudar a viabilidade desta actuación.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...