InicioSucesosVídeo: Prisión sen fianza para o pirotécnico, que saíu do xulgado escoltado...

Vídeo: Prisión sen fianza para o pirotécnico, que saíu do xulgado escoltado por 8 gardas civís

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Tui decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para F.G.L., investigado pola explosión pirotécnica neste municipio pontevedrés.

Logo de prestar declaración durante unhas tres horas ante a xuíza na súa segunda comparecencia nos xulgados en menos dunha semana, decidiuse o seu ingreso en prisión polos supostos delitos de tenencia de explosivos e risco catastrófico.

F.G.L. foi detido este luns por segunda vez, despois de que a Garda Civil localizase a pasada fin de semana dous almacéns ilegais de explosivos na parroquia de Baldráns, que sumaban máis de 1.600 quilos deste tipo de material.

 

Tras compadecer no xulgado, xa saíu escoltado o dono da pirotécnica La Gallega, acusado de múliples delitos tras a catástrofe de Paramos, que deixou dous mortos, case 700 afectados e case 100 casas danadas, algunhas de forma completa; sobre todo tras atoparse eses dous galpóns máis preto de vivendas con explosivos almacenados de xeito ilegal, feito polo que a Fiscalía pediu prisión.

A tensión está a crecer e de feito un veciño tentou golpealo á súa entrada ao xulgado, sen éxito ao ser freado polos corpos de seguridade.

 

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...