InicioSucesosTres feridos nunha colisión en Tui

Tres feridos nunha colisión en Tui

Dúas das vítimas do accidente quedaron atrapadas no interior dos coches implicados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre vehículos na estrada de Tui ocorrida na tarde deste sábado saldouse con tres persoas feridas. O sinistro tivo lugar á primeira hora da tarde na vía que une o municipio con Caldelas.

Segundo informa o 112, dúas das vítimas do accidente quedaron atrapadas no interior dos coches implicados e tiveron que ser excarceradas polos servizos de emerxencia.

En concreto, foi un particular quen, sobre as 13,25 horas da tarde, alertaba á central do 112 do ocorrido. Seguidamente, este servizo puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, da Garda Civil de Tráfico, dos bombeiros do Baixo Miño, de Protección Civil e da Policía Local.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...