InicioExplota unha tubaxe de vapor e causa danos nunha empresa de Tui

Explota unha tubaxe de vapor e causa danos nunha empresa de Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

A explosión dunha tubaxe de vapor de auga causou danos na fachada dunha factoría do municipio pontevedrés de Tui sen que houbese que lamentar danos persoais.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso produciuse ás 15,30 horas deste mércores unha fábrica de pezas de goma situada na parroquia de Santa Mariña de Areas.

Aínda que nun principio barallouse a posibilidade de que se tratase dun incendio, os efectivos de emerxencias desprazados á zona confirmaron que a orixe da deflagración estivo nunha tubaxe de vapor de auga, que derrubou parte dun lateral da nave.

Os bombeiros, ademais de levar a cabo a valoración dos danos provocados pola explosión, realizaron tarefas de seguridade para apontoar a fachada e retiraron as chapas que quedaran colgando sobre o baleiro.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...