InicioSucesosA pirotecnia La Gallega ten 15 días para desaloxar as súas instalacións

A pirotecnia La Gallega ten 15 días para desaloxar as súas instalacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa de pirotecnica La Gallega ten dúas semanas e un día para retirar todo o seu material de forma coordinada e supervisada coa Subdelegación do Goberno. No caso de non abandonar estas instalacións, sería o propio Concello de Tui o encargado de executar esta orde.

Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, fixo público este venres o decreto no que se recolle a orde de desaloxo, en cumprimento das sentenzas do xulgado contencioso administrativo de Pontevedra e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Pola súa banda, o propietario de La Gallega atópase en prisión provisional pola explosión do seu almacén clandestino na parroquia de Paramos, que custou a vida a dúas persoas, feridas a varios veciños e cuantiosos danos materiais.

Agora deberá poñer fin ao almacenamento dos produtos explosivos, materias primas, produtos transformados ou sen transformar e outros materiais utilizados nesta actividade.

 

ÚLTIMAS

Vigo acolle este sábado concentracións contra o ataque de EE.UU. a Venezuela

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Vigo despois de...

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...