InicioMedio Ambiente e PatrimonioRetiran en Tomiño medio centenar de niños de velutina "ante a inactividade...

Retiran en Tomiño medio centenar de niños de velutina “ante a inactividade da Xunta”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un verán máis, o Concello de Tomiño ten que facer fronte aos numerosos casos de niños de vespa velutina localizados no municipio. Aínda que este verán os niños comezaron a verse máis tarde que no ano anterior, lévanse atendidos xa medio centenar de casos, coa particularidade de que neste verán se detectou un maior número de niños en edificacións, tanto do núcleo urbano, coma das parroquias, mentres que en anos anteriores, a maioría formábase nas árbores.

O Concello ten que empregarse a fondo para poder retirar esta cantidade de niños, utilizando persoal municipal e de Protección Civil; unha grúa e outra maquinaria dispoñible, tendo incluso que adquirir traxes especiais para esta tarefas, pértegas con bomba e produtos para a eliminación dos niños, cun desembolso importante para as arcas municipais.

A veciñanza continúa demandando a axuda do Concello, polo que a actividade é permanente. De feito, Tomiño é un dos municipios galegos que figuran entre os máis afectados por este insecto invasor, que pon en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador das abellas.

Dáse o caso de moitos veciños que chaman ao Concello por ter vespas na súa finca sen ter localizado o correspondente niño, o que fai moi difícil a devandita localización e conseguinte eliminación.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explica que A Consellería de Medio Rural solicitou nun primeiro momento, a colaboración do ente municipal, desentendéndose logo de toda responsabilidade.

“O noso concello é un dos que ante a inactividade da Xunta de Galicia, ten que enfrontarse en solitario a este problema, cada vez máis preocupante, e seguimos botando en falta que o goberno galego asuma as súas responsabilidades”, comenta a rexedora, lembrando que este insecto invasor, é un grande inimigo non só das abellas, senón tamén doutras especies de insectos polinizadores, poñendo en perigo a diversidade de especies e a produción agraria; un sector fundamental na economía de Tomiño.

Segundo a alcaldesa, a situación actual foi comunicada á Xunta de Galicia, sen que até o momento esta se fixera cargo da eliminación dos niños nin dos gastos ocasionados polos traballos.

ÚLTIMAS

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...