O sorteo ‘Mi día’ da ONCE deixa un premio de máis de 6.000 euros en Tomiño

Boleto de lotería da ONCE

‘Mi día’ da ONCE deixou un premio de 6.865,75 euros en Tomiño, nun boleto que premiou a data favorita da persoa gañadora, no sorteo do 3 de febreiro.

Diso informou o ONCE nun comunicado, no que sinala que o vendedor do ONCE Roberto González Carreira é quen levou a sorte a Tomiño con estes 6.865,75 euros que repartiu na súa ruta de venda pola localidade.

‘Mi día’ do ONCE consiste nun xogo no que hai que elixir unha data de entre as 36.525 comprendidas nun período de 100 anos. Ademais, cada combinación levará asignado automaticamente un Número da Sorte comprendido entre o 1 e o 11. O importe por combinación é de 1 euro. Este sorteo celébrase os luns e xoves.