InicioSociedadeA veciñanza de Cerveira e a de Tomiño coinciden: a cooperación transfronteiriza...

A veciñanza de Cerveira e a de Tomiño coinciden: a cooperación transfronteiriza é unha gran oportunidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño promoveron entre decembro e febreiro deste ano a distribución, voluntaria e aleatoria, de 2.000 enquisas en espazos estratéxicos dos dous municipios. O obxectivo: percibir o impacto da cooperación transfronteiriza.

Así, tres de cada catro cerveireses e tomiñeses xa coñecían a dinámica de cooperación promovida entre Cerveira e Tomiño, acreditando que máis alá de consolidar as relación sociais e institucionais entre ambos concellos, fomenta o sentimento de que ‘todos somos europeos’, contribuíndo á mellora das condicións de vida dos habitantes desta zona.

Vivir nun territorio transfronteirizo preséntase como un espazo de oportunidade e non de dificultade para o 96,6% dos enquisados, e o reparto de servizos e de equipamentos municipais é unha das variables recoñecidas.

Dos 11 servizos compartidos, os 1.100 entrevistados fixaron unha puntuación media superior ao 8, é dicir, todos son coñecidos e están ben valorados. As tres opcións consideradas prioritarias son a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira, o programa conxunto para nenos e nenas e o programa de apoio a creación de empresas.

As respostas foron monitorizadas por unha empresa certificada que presenta un erro de mostra do 2,94% para un nivel de confianza do 95,5%. En total, as enquisas estaban compostas por 26 preguntas de resposta rápida, co obxectivo de estudar o grao de coñecemento e as características da procura de servizos de uso común, obtendo información privilexiada para actuacións futuras.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...