InicioPolíticaO PsdeG censura que a Xunta rexeite executar o acceso sur ao...

O PsdeG censura que a Xunta rexeite executar o acceso sur ao porto da Guarda e só invista “nos concellos do PP”

Leticia Gallego considera que se trata dunha “infraestrutura fundamental para o futuro” da vila.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A deputada socialista Leticia Gallego censura que a Xunta rexeite executar o acceso sur ao porto da Guarda cando “é unha infraestrutura fundamental para o futuro” da vila. Fíxoo hoxe, logo de que a Dirección Xeral se posicionase ao respecto ante unha pregunta do Grupo Socialista na Comisión de Infraestruturas do Parlamento.

“Que non se realice este proxecto a quen prexudica é principalmente aos mariñeiros, as redeiras e a veciñanza da Guarda”, sentenciou a socialista, quen cualificou de “agravio” con respecto a outros concellos nos que si se están facendo novas infraestruturas. “Pedimos igualdade e equidade para todos os concellos de Galicia, independentemente da cor política do seu alcalde ou alcaldesa”.

Así, “con esta nula política en investimento en obra pública normal que non se realicen as centos de infraestruturas pendentes nos concellos galegos”, lamentou a dirixente socialista, quen sinalou que “esta é gran política que fai o goberno de Feijóo en Galicia” cando “non lle importa a nosa terra nada”, xa que “só se inviste nos concellos do PP”.

Por iso, reclamou a realización de proxectos de infraestruturas “para todos os concellos”, logo de coñecer que a Axencia Galega de Infraestruturas investiu 8,4 millóns de euros en concellos do Partido Popular, fronte a 280 mil euros dedicados a concellos dirixidos por rexedores ou rexedoras do PSdeG. “Isto é unha discriminación que afecta a moitísimos concellos da nosa terra e é unha vergoña”, censurou.

No caso específico da Guarda, a responsable socialista alertou de que o seu porto pesqueiro “carece dunha vía de comunicación aceptable coa estrada PO-552” que é a vía de entrada e saída á localidade, “o que dificulta moito o tráfico de vehículos, especialmente os pesados”.

Por último, Gallego urxiu a que esta infraestrutura se financie “dende diferentes administracións”, xa que o Concello da Guarda “por si só non pode capitalizar a obra”, polo que debería ser “unha administración supramunicipal, como a Xunta de Galicia, a que o faga”. “O orzamento medio total acadaría, de forma aproximada, os 2,4 millóns de euros, “un custe que se agarda sexa asumido conxuntamente”.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...