InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Guarda celebra o Día dos Museos con visitas guiadas gratuítas polo...

A Guarda celebra o Día dos Museos con visitas guiadas gratuítas polo xacemento arqueolóxico de Santa Trega

PUBLICADO O

- Advertisement -

Co gaio do Día Internacional dos Museos, a Concellería de Turismo do Concello da Guarda organiza unha xornada de visitas guiadas gratuítas polo Monte Santa Trega. As actividades levaranse a cabo durante a mañá e a tarde do sábado 19 de maio con tres formatos, dependendo da súa duración e percorrido.

Así, aquelas persoas que desexen participar nunha visita guiada completa polo monte, poderán participar na saía que partirá ás 17:00 horas do castro. Dende alí, as e os participantes percorreran primeiro o poboado, para máis tarde subir á cima do monte e visitar a ermida de Santa Trega e o MASAT.

Ás 11:00 e ás 16:00 horas comezarán as visitas de 30 minutos de duración centradas  no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico. Completando a programación, ofertarase unha visita guiada especial polo barrio de Mergelina, no que recentemente se comezaron os traballos de restauración e consolidación. Este percorrido comezará ás 12:00 horas dende a Casa Forestal e estará guiado polo arqueólogo Rafael Rodríguez, director dos traballos que se están a desenvolver neste sector do poboado.

As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...