InicioBaixo MiñoTuiDispoñible en Tui unha exposición que permite ver as obras artísticas de...

Dispoñible en Tui unha exposición que permite ver as obras artísticas de once mulleres

"O despertar dos sentidos" estará aberta na Oficina Municipal de Turismo de Tui ata o 31 de outubro, en horario de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h de luns a domingo.

PUBLICADO O

Hoxe, 4 de outubro, inaugurouse na Oficina Municipal de Turismo de Tui a exposición “O despertar dos sentidos” organizada pola Asociación Cultural Tyde coa colaboración do Concello de Tui. Presenta a obra pictórica de once mulleres pertencentes a Asociación Cultural Tyde.

María Fernández, María Garrido, Emilia González, Teresa Ruano, Isabel G. De Haro, Conchi Alonso, Mª Carmen Baquero, Fina Saa, Mª José Rodríguez, Loli González e Pilar Pereira amosan os seus cadros nos que plasman dende paisaxes ata bodegóns e dende retratos ata imaxes abstractas. A técnica empregada na maioría é a acuarela.

No acto inaugural estiveron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quixo felicitar ás artistas salientando o seu traballo e a súa actividade. Di o rexedor que, á marxe do sentido cultural, tamén é salientable a súa acción en canto tecido asociativo, que aporta ese sentido máis social.

Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Núñez, felicitou ás integrantes deste colectivo pola creación de “rede”, ao tempo que as felicitou polas obras que agora presentan publicamente.

A Asociación Cultural Tyde está conformada por un grupo interxeneracional, coa integrante máis nova de 14 anos. Reúnese cada martes no baixo do edificio da Seguridade Social, fronte á igrexa da Misericordia, onde pode achegarse en horario de mañá ou tarde calquera interesado ou interesada, xa que aínda que na actualidade está conformada so por mulleres está aberta tamén á participación masculina.

A exposición “O despertar dos sentidos” está aberta na Oficina Municipal de Turismo de Tui ata o 31 de outubro, en horario de 9:30 h a 14 h e de 16 h a 19 h de luns a domingo.

ÚLTIMAS

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición...

Decretado o ingreso en prisión do home detido pola súa suposta vinculación co crime da maleta

O maxistrado do xulgado de instrución número 4 de Vigo acordou este venres o...