InicioTui achega as súas igrexas ao turismo con novas sinais nunha decena...

Tui achega as súas igrexas ao turismo con novas sinais nunha decena de templos

O Concello sérvese dunha subvención provincial para a obra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui vén de “poñer en valor” as igrexas parroquiais coa instalación de sinalización turística en diversos templos. En particular, e segundo detallan dende o consistorio, a mellora corresponde a Santa Mariña en Areas, Santiago de Malvas, Nosa Señora da Guía en Randufe, O Anxo en Pazos de Reis, Santa Comba en Ribadelouro, San Mamede en Guillarei, San Xoán en Paramos, Santiago en Baldráns e San Martiño en Caldelas.

“Esta actuación súmase á realizada en anos anteriores na igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, na Capela de Nosa Señora do Camiño de Rebordáns ou a igrexa parroquial de San Miguel de Pexegueiro”, explican.

De acordo coas mesmas fontes, sinalética colocada para a identificación destes bens culturais cumpre coas especificacións técnicas do Manual de sinalización turística de Galicia. Esta intervención conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro das subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2021.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, comenta que a información e promoción dos recursos patrimoniais “é unha ferramenta básica da actuación do Concello de Tui no ámbito cultural e turístico que abrangue non unicamente os recursos ligados co conxunto histórico tudense senón ao amplo abano de elementos patrimoniais que conservan as diversas parroquias do noso municipio”.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...