InicioSen categorizarGardacostas comisa 2000 cacharros ilegais de polbo e 160 quilos deste cefalópodo,...

Gardacostas comisa 2000 cacharros ilegais de polbo e 160 quilos deste cefalópodo, en veda, na zona da Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar comisaron nos últimos días 1950 cacharros de polbo – aparellos cuxa utilización está prohibida na comunidade – que contiñan, en total, 166 quilos deste cefalópodo. Este operativo, realizado en augas exteriores á altura da Guarda, enmárcase no conxunto dos controis que efectúan diariamente os gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.

Cabe recordar que a veda desta especie está en vigor desde o pasado 20 de maio e rematará o vindeiro 4 de xullo ás 05.00 horas, polo que está expresamente prohibida a súa captura durante todo este tempo coa finalidade de axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e así protexer a súa reprodución, ao tempo que se contribúe a unha explotación máis sustentable.

Ademais, a Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal poder supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...