InicioSen categorizarControversia por unha batida de xabaril no monte Tegra

Controversia por unha batida de xabaril no monte Tegra

Cazadores sinalan que é o peor momento para facelo por ser época de cría. Outros veciños critican que non se utilicen alternativas como as xaulas utilizadas en Ferrol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado 19 de maio, o concello de A Guarda informaba públicamente da realización dunha batida de Xabaril para este sábado 21 de maio.

Xustificaba dita batida por “danos producidos nos cultivos” “e perigo para a circulación de vehículos, producindo accidentes de tráfico, así como para os cultivos, ocasionando graves trastornos para moitos cidadáns.”

A batida realizarase nunha zona delimitada e respectando as zonas de seguridade marcadas, estando organizada conxuntamente con axentes medioambientais do distrito forestal e forzas de seguridade da zona.

Pero a controversia está servida por varios puntos que o concello tivo que sair ao paso con outra nota de prensa, argumentando que o concello só informou dunha batida autorizada pola Xunta de Galicia, “Facemos saber que temos recibido moitas queixas en relación a incidentes con vehículos, accidentes de tráfico, destrución de cultivos e de valados e moitos sustos de persoas que se teñen atopado con xabaríns de forma imprevista” ainda sen precisar máis datos contabilizables de ditos feitos.

A caza en época de cría

A batida autorizada pola Xunta, aínda que o concello non fai público de onde parte a solicitude, xerou controversia mesmo nos propios cazadores que sinalan que é o peor momento para facer unha batida porque é época de cría.Como cazador, a estas alturas facer unha batida…estando a criar….pois non comparto, podese facer no tiempo que é de caza, pero bueno, a culpa non é da xunta nin de nadie, é de quen vai, “

Outros critican o xeito no que se vai facer a batida, pondo en contraposición a medida adoitada no concello de Ferrol colocando xaulas para atrapar xabarils no entorno urbán para logo devolvelos ao seu hábitat natural no monte.

Dende o concello de A Guarda apoian a iniciativa como necesaria sen entrar a valorar o xeito de facelo. “Dada esta situación, entendemos que é necesario controlar a poboación de xabaríns no Monte Santa Trega debido a súa proximidade á zona urbana. Por suposto non entramos a valorar cal é o mellor método.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...