InicioDeportesTomiño xa ten novos campións en kaiak e canoa

Tomiño xa ten novos campións en kaiak e canoa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Club Deportivo Miño-Teixugos volveu do Campionato Galego de Promoción de Slálom, celebrado este domingo, con catro medallas de ouro, tres de prata e tres de bronce. Na clasificación final por clubs, resultaron gañadores, por diante do Piragüismo Penedo de Caldelas e do Montaña Quixós de Monforte de Lemos.

Este domingo celebrouse en Dumbría o Campionato Galego de Promoción de Slálom. Esta e a sexta proba da Liga Galega de Slálom, e a máis importante, ao ser Campionato e non Copa, e na que o Club Deportivo Miño se proclamou gañador.

Os Teixugos acudiron ao evento con oito deportistas, os máis pequenos do club, moitos dos cales participaron en kaiak e canoa. “O noso representante máis novo, Javier Lluch, acadou medalla de prata en K1 benxamín, na categoría alevín; o seu irmán Adrián Lluch, foi 8º, tanto en K1, como en C1”, apunta o Concello de Tomiño nun comunicado.

A categoría con máis representantes foi a Infantil con seis piragüistas; en K1 masculino o podio foi enteiramente teixugo: Sergio Rodríguez foi ouro, Alexis Segadaes prata e Samuel Castro bronce. Na mesma categoría Mateo Álvarez foi sétimo, mentres que na modalidade de canoa ou C1 resultou gañador Samuel Castro, e o seu compañeiro Sergio foi 3º.

En infantil feminino non poido ser mellor o balance; Ainhoa Barreiro fíxose coa medalla de ouro en K1 e bronce en C1; a súa compañeira Alba Soutelo acadou o ouro en C1 e a prata en K1.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...