InicioCulturaA paixón de Ardentía e Milladoiro iluminou o Castelo de Santa Cruz

A paixón de Ardentía e Milladoiro iluminou o Castelo de Santa Cruz

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Castelo de Santa Cruz da Guarda acolleu esta fin de semana a cuarta edición de «Noites no Castelo», coa actuación dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, nunha noite na que acudiron máis de 3000 asistentes para gozar da boa música feita en Galicia nun entorno como é o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

O grupo Ardentía foi o encargado de abrir esta edición de Noites no Castelo, cunha posta en escea na que o grupo involucrou ao público asistente dende o comezo da súa actuación con música tradicional galega que incorpora instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta.

Noites no castelo/ Concello de A Guarda

Pouco despois das 23:30h da noite un dos grupos máis importantes de Galicia, Milladoiro, fixo a súa aparición sobre o escenario de «Noites no Castelo». Esta formación, cunha traxectoria de máis de 35 anos, rememorou as mellores cancións dos seus 20 traballos discográficos e as novidades de “Atlántico” o seu último disco editado este mesmo ano e do que tocaron varias pezas.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...