InicioSucesosMorre un operario atropelado por unha máquina agrícola mentres traballaba na obra...

Morre un operario atropelado por unha máquina agrícola mentres traballaba na obra dunha gasolineira

Unha vez aí, os equipos de asistencia non puideron facer nada para salvarlle a vida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario perdeu a vida ao ser atropelado por unha máquina agrícola mentres traballaba na obra dunha gasolineira no Polígono Industrial de Tui.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia por ou particular sobre as 17,00 horas deste martes, o obreiro foi atropelado por un tractor de pequenas dimensións e necesitaba asistencia médica urxente.

Con estes datos, o 112 solicitou a intervención do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou ata o lugar unha ambulancia para atender o ferido. Pero unha vez no punto, os equipos de intervención non puideron facer nada para salvarlle a vida.

No operativo tamén colaboraron os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...