InicioMedio Ambiente e PatrimonioObxectivo: salvar a praia da Lamiña na Guarda

Obxectivo: salvar a praia da Lamiña na Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Despois de meses de espera e de reclamacións por parte do concello da Guarda pola falta
de novas en relación coa erosión do litoral na praia da Lamiña, chegou ao concello da
Guarda o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas
(CEDEX).

No estudo propóñense cinco alternativas de actuación para mellorar a situación actual. Segundo o escrito que acompaña ao informe, da recén nomeada “Directora General
de Sostenibilidade de la Costa y el Mar”, Ana María Oroño Valenciano, estanse analizando
as cinco alternativas propostas polos técnicos para contratar o correspondente proxecto
construtivo e o estudio de impacto ambiental, dado que estamos falando dunha zona que
pertence a Rede Natura 2000.

Praia da Lamiña/ Concello da Guarda

Para analizar e valorar as alternativas que propón o CEDEX, o equipo de Goberno do
concello da Guarda mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da
Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, e o ex alcalde da Guarda, José
Manuel Domínguez Freitas.

As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os valores mediombientais do espazo, que sofre un problema de erosión, e pódense resumir nas seguintes.

conclusións

– Débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do
cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150×30 m.

– Débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón
dunar e da praia.

-A solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro, polo que
debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como
sucedeu na “escollera” do Codesal.

Praia da Lamiña/ Concello da Guarda

– Para o concello resulta de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión
do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. Hai que lembrar que a
praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia.

– O concello entende que, ademais das consideracións mediomambientais, debe terse
en conta a preservación e mantemento do dominio público que é unha competencia
de costas do Estado.

Praia da Lamiña/ Concello da Guarda

A raiz destas conclusións, o equipo de goberno do concello da Guarda considera que, das
cinco alternativas propostas polo CEDEX, a que mellor se axusta aos seus intereses é a
alternativa 5, que propón a construción dun dique-espigón de “escollera” a baixa cota e
lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña,
cara ao este.

Estas consideracións foron as que lle fixo chegar o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, á Xefa de Costas de Pontevedra, Cristina de Paz, nunha xuntanza mantida na mañá
do pasado martes 10 de xuño.

Praia da Lamiña/ Concello da Guarda

Segundo o informe do CEDEX, xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do
Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha
actuación que nunca se levou a cabo.

No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo a e executou na zona próxima ao
Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita
dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na
actualidade se atopa “en total ruína” e da que tamén se solicita a súa reparación dende o
concello.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...