InicioSociedadeBaixan os contaxios pero soben en 11 os ingresos por Covid en...

Baixan os contaxios pero soben en 11 os ingresos por Covid en Vigo

Os positivos confirmados nas últimas 24 horas sitúanse nos 42.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os positivos diarios confirmados por PCR en Vigo experimentaron un novo descenso, ata os 42, un total de 38 menos que na xornada anterior. Con todo, a área sanitaria que reúne a maior cifra de casos activos da enfermidade é Vigo, que este luns notifica 2.260, aínda que son 60 menos que o domingo.

HOSPITALIZACIÓNS

Na outra cara da moeda, soben notablemente as hospitalizacións en Vigo, ata as 99 -11 máis-, 25 delas en coidados intensivos -as mesmas-.

GALICIA

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con cifras solicitadas ata as 18,00 horas do domingo, a única área na que se rexistra un aumento dos casos é na de Pontevedra; e os positivos confirmados por PCR en Galicia sitúanse nos 323, un total de 134 menos que o día anterior.

Así mesmo, os datos de Sanidade reflicten que ata o momento se realizaron en Galicia un total de 854.141 PCR, o que implica que en 24 horas se fixeron 6.143 – 988 menos que no día anterior -. Estes datos – 323 contaxios por 6.143 PCR -, reflicten unha taxa de positividade do 5,2 por cento, cifra próxima ao 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...