InicioCulturaA Guarda une de novo Galicia e Portugal co Festival Luso-Galaico, de...

A Guarda une de novo Galicia e Portugal co Festival Luso-Galaico, de baile e música tradicionais

PUBLICADO O

O pasado sábado día 16 celebrouse no auditorio de San Bieito da Guarda a XIV edición do Festival Luso-Galaico de Xamaraina, un evento organizado polo Grupo de Baile Xamaraina en colaboración co Concello de A Guarda.

O acto, que estivo presentado por Elena Baz, comezou cun pasarrúas dende a fonte do Pescador. Os grupos fixeron a súa entrada no Auditorio de San Bieito entre os aplausos dos alí presentes.

Festival Luso-Galaico de Xamaraina / Concello de A Guarda

Neste acto, cargado de música e baile, participaron os grupos Doxe nun Ano, A.C. Brisas do Quenllo, Rancho Folclórico de Boelhe, Grupo El Caño e Xamaraina. Xamaraina leva anos organizando festivais culturais, folclóricos ou de baile moderno. Na súa actuación, estiveron acompañados por parte do grupo Carainas e contaron coa actuación da Pandeirada de Tello.

Doxe nun ano fixo a súa actuación acompañados do grupo de Pandereteiras Paliqueiras, con Tecla á Gaita, con cancións moi coñecidas. Pola súa banda, o Rancho Folclórico de Boelhe, nado nos anos 70, ten una ampla tradición, e aínda que durante moitos anos estiveron sen actividade, recentemente recuperaron danzas tradicionais que puxeron en escea coas pezas Rebela, Vira Velho, Excote e Verdegar no Auditorio de San Bieito.

Festival Luso-Galaico de Xamaraina / Concello de A Guarda

A Asociación Cultural Brisas do Quenllo xurde no ano 1998 no Concello de Tordoia, dende entón levan a súa música e baile por toda a xeografía galega, contando na actualidade cuns 40 integrantes na súa formación.

A Asociación Folkórico-Cultural El Caño ten os seus inicios no ano 2004 coa finalidade de recuperar e transmitir o folclore da súa rexión, integrando no seu repertorio musical pezas musicais de distintos municipios madrileños.

Festival Luso-Galaico de Xamaraina / Concello de A Guarda

ÚLTIMAS

Multas de máis de 88.000 euros para tres navieras que monopolizaban o transporte e reservas no cámping das Ons

A Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo confirmou as multas impostas de máis de...

Luis Fonsi actuará en Castrelos o 23 de xullo

O cantante portorriqueño Luis Fonsi súmase ao cartel de concertos do verán no Auditorio de Castrelos...

Abel Caballero confirma que a reforma da Avenida de Madrid comezará o ano que vén, tras o Nadal

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para...

O TSXG rebaixa a oito meses de cárcere a condena a unha enfermeira de Vigo por intoxicar con fármacos á súa filla

A Sala do Civil e Penal do TSXG rebaixa de dez a oito meses de cárcere a...