InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha máquina tragaperras nas marismas do río Miño

Unha máquina tragaperras nas marismas do río Miño

A máquina foi roubada nun establecemento da Guarda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha máquina tragaperras nas marismas do río Miño, na súa desembocadora na Guarda. Iso é o que se atopou o ambientalista Manuel Sobrino Senra esta fin de semana e denunciou nas súas redes sociais de “El naturalista Cojo”.

Segundo apunta Sobrino, esta máquina estaba ciscada nas marismas de Salcidos e boa parte dos seus restos estaban esparcidos por todo o leito do río nunha zona especialmente sensible aos impactos ambientais.

Ya hemos puesto los hechos en conocimiento del Seproma… ¡No vamos a pasar ni una!”, denunciaba o activista medioambiental nas súas redes sociais.

Xornal de Vigo puido saber que a máquina foi roubada na madrugada do luns nun establecemento comercial da Guarda, concretamente, na cafetería Alameda.

As máquinas tragaperras, foco de interese para os ladróns.

A zona de Baixo Miño e Val Miñor padecen dende fai meses continuos roubos deste tipo, de feito o pasado 2 de decembro era desarticulada unha banda criminal que actuaba en Galicia e Castela León á que se lle imputan 36 delitos contra a propiedade.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...