O sector pesqueiro respira “aliviado” tras o acordo con Marrocos

A frota española cursou xa 70 solicitudes para barcos de Andalucía, Canarias e Galicia, que poderían volver faenar desde este luns.

Oberbes barcos de pesca
Barcos de baixura no peirao do Berbes/Miguel Nuñez

A Confederación Española de Pesca (Cepesca) cualificou como un alivio para o sector o anuncio da entrada en vigor do novo acordo de pesca da Unión Europea (UE) e Marrocos, tras a ratificación final onte, por parte do Reino de Marrocos, e despois dun ano de negociacións.

En concreto, o novo acordo contempla posibilidades de pesca para un total de 138 barcos comunitarios e é de gran interese para a frota española, que pode acceder a 92 licenzas. Ata o momento, o sector cursou 70 solicitudes para barcos de Andalucía, Canarias e Galicia, que está previsto poidan volver faenar no marco do acordo, a partir deste luns. Toda a información en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here