InicioPolíticaA Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas...

A Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas leves

O rexedor recorrera a sentenza emitida en primeira instancia o pasado mes de decembro. A resolución da audiencia é firme e non cabe recurso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quedou absolto dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución nº3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.

En rolda de prensa, o rexedor amosou a “súa satisfacción a nivel político e persoal” logo de que a sección 4ª da Audiencia Provincial de Pontevedra arquivara o caso. Na súa sentenza a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra a sentenza do xulgado de instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso.

“Pola miña honra persoal valía a pena recorrer e agora faise xustiza”, dixo. Ademais, apuntou que na sentenza da Audiencia se entende que “en primeira instancia non se aplica o principio de In dubio pro reo, nin o de mínima intervención ao tempo que non hai axuste ao tipo penal”.

O xulgado de Instrucción nº3 de Tui condenara o pasado decembro ao rexedor tudense a pagar 450 euros de multa por ameazar ao director deportivo do Club Kaiak Tudense con “airear os seus trapos sucios”, despois de que este afirmase nun medio de comunicación que Tui “non necesita un figurín”, en alusión ao alcalde.

A xuíza de primeira instancia ditou sentenza condenatoria, por considerar probado que Vázquez Padín tivo unha actitude “claramente amonestadora” cara a este particular, e lembráballe que, como cargo público, está “sometido á libre crítica”.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...