InicioSociedadeO Concello de Tui ve prioritario converter a cidade nun "destino amigable"...

O Concello de Tui ve prioritario converter a cidade nun “destino amigable” para as empresas

Vázquez Padín ten como prioridade aumentar o chan industrial na contorna de Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, mantivo nos últimos días un encontro coa presidenta do Circulo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e os membros do Foro de Loxística e Transporte, para abrir vías de colaboración para o fomento de chan industrial e a atracción de inversores.

Carlos Vázquez Padín espuxo, ante os membros do Foro, as distintas posibilidades de dispor de chan industrial en Tui ante a necesidades deste tipo de solo que hai na área metropolitana.

Deu conta de forma pormenorizada da situación en cada unha das zonas empresariais da cidade: Areas, Ribadelouro, Guillarei e Baldráns. Apuntou nese senso que nestes momentos só o Polígono de Areas está tipificado no PXOM coma chan industrial, e dende o Concello se teñen dirixido á Xunta de Galicia para preguntar pola situación das parcelas que non se desenvolveron nesta zona.

Amais dende o Concello indica Carlos Vázquez Padín “temos acompañado o esforzo dos empresarios de Ribadelouro para desenvolver o chan e dos de Baldráns para regularizar a súa situación”.

Detallou amais que no caso de Ribadelouro en agosto de 2018 produciuse a aprobación provisional da modificación puntual do PXOM, cuxa documentación está xa na Xunta para proceder a aprobación definitiva.

“Esta modificación permitirá un incremento moi importante da oferta de chan dispoñible nesta zona cun enorme potencial, xa que é a continuación natural das zonas industriais do Porriño” segundo expuxo o alcalde de Tui.

Mentres en Guillarei o alcalde explicou que se ten dirixido á Comunidade de Montes e aos empresarios desta zona para que inicien un proceso de regularización desa zona xa que o chan aí está sen desenvolver.

Apuntou Carlos Vázquez Padín que para o goberno local é unha prioridade aumentar a disponibilidade de chan industrial, con plenas garantías xurídicas, o que permitiría tamén aumentar o número de empresas afincadas na cidade.

Logo deste primeiro encontro, o alcalde de Tui será convocado a un almorzo de traballo co empresariado para darlles conta de primeira man das posibilidades de chan empresarial que hai na cidade.

Abondou Carlos Vázquez Padín na súa idea de que a cidade sexa un “destino amigable” para as empresas tendo en conta a posibilidade de poder desenvolver 900 mil metros cadrados de chan industrial segundo o PXOM. Apuntaba que “hai que traballar arreo para disponibilizar ese chan e atraer empresas a Tui”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...