InicioSucesosOs ladróns tamén chegaron á zona 0 de Tui

Os ladróns tamén chegaron á zona 0 de Tui

Cazan a unha parella que tentaba roubar en Paramos cun coche coa matrícula manipulada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Era as catro da madrugada do pasado xoves cando unha dotación do Posto da Garda Civil de Tui que estaba a patrullar na zona 0 da explosión de Paramos observou que un turismo, Citroen-Xsara, estaba aparcado nas inmediacións e que tiña as dúas placas de matrícula alteradas, con cinta illante sobre os números.

No vehículo ía un home e unha muller, que foron sorprendidos ‘in fraganti’ cando, supostamente, pretendían realizar algún acto de pillaxe. No momento do seu arresto, os dous detidos reaccionaron de forma violenta contra os axentes, polo que tamén se lles imputou a comisión doutro delito de resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade. Unha detención que tivo lugar grazas a que na zona hai un servizo de seguridade cidadá activo de forma ininterrompida desde que se produciu a explosión.

A parella detida é natural do Carballiño (Ourense) e teñen un amplo historial delituoso contra a propiedade. Por iso, e aínda que non se lles atopou ningún obxecto que puidesen subtraer, a Garda Civil procedeu á súa inmediata detención como supostos autores dun delito de falsificación de documento, pola alteración intencionada das dúas placas de matrícula do vehículo.

No interior do maleteiro levaban, ademais, un lote de útiles e ferramentas apropiadas para a comisión de feitos delituosos contra a propiedade. As actuacións, levadas a cabo por efectivos do Posto da Garda Civil de Tui, contaron co apoio dunha patrulla da Policía Local que colaborou no desprazamento dun dos detidos aos calabozos.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...