InicioEconomíaDesestimada a demanda de Vitrasa contra o laudo que rexeitou o 'descolgue'...

Desestimada a demanda de Vitrasa contra o laudo que rexeitou o ‘descolgue’ salarial

PUBLICADO O

O xulgado do Social 1 de Vigo ditou sentenza na que desestima a demanda da empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano da cidade olívica, fronte aos sindicatos e fronte á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Comisión Tripartita Galega para a Inaplicación de Convenios) na súa impugnación do laudo arbitral que lle denegaba o ‘descolgue salarial’.

Na súa resolución, o maxistrado sinala que, aínda que é certo que se daban as condicións de perdas económicas para pedir a inaplicación do convenio colectivo (á que se sumaba a intención de Vitrasa de reducir nun 30 % os soldos), houbo dúas circunstancias que invalidarían esa solicitude.

Por unha banda, e aínda coñecendo as perdas que sufriría polas restricións da pandemia, Vitrasa aceptou unha prórroga de 5 anos na concesión (en xuño de 2020). Por outra banda, a empresa, segundo a sentenza, fiou a súa recuperación económica ás compensacións que cría que recibiría do Concello, e que non recibiu (polo menos non na cantidade que pretendía, polo que iniciou un contencioso contra a administración municipal).

O xuíz sinala que, nese escenario, a empresa “non pode pretender agora cargar sobre o persoal as perdas económicas que coñecía que se producirían cando aceptou a prórroga”. Ademais, engade, unha redución salarial do 30 %, unida á forte inflacción actual, reduciría “a case a metade” o poder adquisitivo do persoal.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...