InicioSociedadeCaballero sobre o enfrontamento dialéctico con Rueda: "Vouno a seguir facendo, ninguén...

Caballero sobre o enfrontamento dialéctico con Rueda: “Vouno a seguir facendo, ninguén me vai a calar”

Fixo este luns nun acto con empresarios, no que centrou a súa intervención en afear os que considera agravios da Xunta e do PP cara a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, referiuse este martes en rolda de prensa ao intercambio de críticas que protagonizou nas últimas horas co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e advertiu: “Vouno a seguir facendo, ninguén me vai a calar”.

Segundo sinalou o rexedor, o que fixo este luns nun acto con empresarios, no que centrou a súa intervención en afear os que considera agravios da Xunta e do PP cara a Vigo, foi pór sobre a mesa a “realidade”. “A corrección e a educación son compatibles con pór a realidade diante de todo o mundo”, proclamou, e engadiu que “os empresarios teñen que saber ben o que pasa”.

“Se alguén cre que o alcalde de Vigo vai deixar de reivindicar o que a Xunta debe á cidade equivócase completamente”, advertiu Abel Caballero, que subliñou que o vai a “seguir facendo”.

Así, tras volver repetir que o goberno autonómico non coopera coa reforma de Balaídos, nin coa nova potabilizadora, que o PP “cortou” o AVE por Cerdedo á cidade ou o saída sur, reiterou: “Ninguén me vai a calar, nunca me calaron e non o van a facer agora”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...